InicioDEPORTESMenuda lata o de viaxar!

Menuda lata o de viaxar!

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Comentaba o míster Cano hai unhas semanas que a segunda volta ía ser moi distinta da primeira volta e que gañar cada punto costaría caro. Fóra da casa a cousa complícase máis aínda. Así que deume por comprobar que lles está pasando ós equipos nesta segunda volta cando xogan lonxe dos seus estadios. O resultado é bastante claro.

Vaia por diante que este análise cíñese á segunda volta, é dicir, as últimas 5 xornadas e a orixe son as verbas do míster avisando de que isto ía pasar. Pois ben, levamos 50 encontros no que vai de segunda volta no que se deron 25 vitorias locais, 15 empates e 10 vitorias visitantes. Ata aquí, evidénciase a comodidade dos equipos xogando de local, tema mental sumado o cambio de actitude que ocorre nas cabezas dos xogadores por xogar arroupados. Outro factor é o coñecemento do campo propio e a axuda que aportan os afeccionados. Estas vitorias deixaron a cifra de 60 goles dos equipos locais e 27 goles dos equipos visitantes. Queda claro que xogar fóra non lle gusta a ninguén.

E onde queda o Depor neste análise? Pois sae ben parado. Ó rematar a primeira volta, o Depor viña de perder en Alcorcón e situábase a sete puntos do liderato. Nestas cinco xornadas de segunda volta, o Alcorcón sumou cinco puntos, por dous do Córdoba, nove do Castilla e once do Depor. Acortouse a distancia dos tres de arriba a dous puntos, onde a mellor deriva lévana o Castilla e o Depor. Chegamos o momento clave da tempada, esperemos aproveitar a boa seira de vitorias.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis crónicas do Dépor

ÚLTIMAS

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba...

Preguntan polo estado dos proxectos das Bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea

No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo...

Repaso á presenza herculina entre os finalistas aos Premios Martín Códax da Música

Anunciáronse onte os finalistas aos Premios Martín Códax 2024. A Asociación Músicas ao Vivo...

Os violíns homenaxearán a Luisa Villalta no Concerto das Letras Galegas

O Concerto das Letras Galegas, que se celebrará o próximo 16 de maio no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here